José Manuel García, socio director de Plexus Tech, recoñecido pola súa traxectoria profesional na gala anual do CPEIG

Silvia Camesella,

José Manuel García, socio director de Plexus Tech, recoñecido pola súa traxectoria profesional na gala anual do CPEIG


  • O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia outorgoulle o Premio Especial CPEIG-En memoria de Hernán Vila

José Manuel García Oya, socio director de Plexus Tech, recibiu o Premio Especial CPEIG-En memoria de Hernán Vila, no marco da XVIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, celebrada o pasado venres en Santiago de Compostela. Con este galardón, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) recoñece a súa traxectoria profesional, estreitamente ligada á historia de Plexus Tech, e a súa contribución decisiva ao desenvolvemento do sector TIC galego.

O CPEIG outorgou tamén este galardón a José Valiño Blanco, director xeneral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA, na súa gala anual, marcada pola reflexión sobre a soberanía tecnolóxica, a innovación e o papel das persoas como elemento clave para construír o futuro dixital.

Desde a compañía agradecen o traballo e contribución de José Manuel García Oya á evolución de Plexus Tech ao longo de tantos anos, situándoo como un referente dentro e fóra da empresa, e destacando o seu papel fundamental no desenvolvemento do sector tecnolóxico galego.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies