30 setembro 2026
Este recoñecemento consolida a súa aposta pola nube e reforza a súa capacidade para a transformación dixital dos clientes
Un fito moi especial para Plexus Tech: vén de acadar oficialmente a categoría de AWS Advanced Partner. Este logro consolida a súa aposta pola nube, reforzando ademais a súa capacidade para acompañar aos clientes nos seus procesos de transformación dixital.
Neste sentido, o recoñecemento pon en valor a experiencia da compañía na definición, implantación e operación de solucións sobre AWS para organizacións de diferentes sectores. E tamén distingue o traballo do seu equipo de profesionais.
Ao mesmo tempo, este fito está ...
14 xullo 2026
A compañía axuda a construír un futuro enerxético máis seguro co proxecto Guardiane-Q
Plexus Tech dá un paso máis no seu compromiso coa innovación e a ciberseguridade participando en GUARDIANE-Q, un proxecto pioneiro para blindar a seguridade da almacenamento de hidróxeno verde con certeza cuántica.
Neste sentido, achegaremos a súa experiencia no desenvolvemento de solucións para infraestruturas críticas. Para iso, combinan capacidades en ciberseguridade, intelixencia distribuída e tecnoloxías de nova xeración para afrontar un dos grandes retos da transición enerxética.
Guardiane-Q nace ao amparo do Proxecto Aljarafe, impulsado por Trinity Energy Storage, e xorde co obxectivo de transformar xacementos de ...
1 xullo 2026
Cunha sólida traxectoria, asume o reto de impulsar o crecemento da entidade
José Manuel García Oya, socio director de Plexus Tech, foi nomeado novo presidente do Clúster Saúde de Galicia (CSG). A innovación en saúde abre así unha nova etapa en Galicia da man da compañía. Deste xeito, reforzan o seu compromiso coa transformación dixital e a colaboración entre empresas, Administración, universidades, centros de investigación e entidades sanitarias.
Cunha sólida traxectoria no ámbito tecnolóxico, José Manuel García Oya asume o reto de impulsar o crecemento do Clúster. Ademais, tamén ten por obxectivo seguir posicionando a Galicia como un referente ...
1 xullo 2026
Plexus Tech recibe na súa oficina a un grupo de mozos do programa Xuventude Mentoring
Cando termina a etapa de formación, comeza unha das decisións máis importantes: descubrir cara a onde queres orientar o teu futuro profesional. Unha conversación, un encontro ou un referente poden abrir novas posibilidades. Por iso, Plexus Tech recibiu na súa oficina de Santiago de Compostela a un grupo de mozos e mozas do programa Xuventude Mentoring, da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
Co acompañamento da directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, desfrutaron dunha sesión na que compartiron a súa experiencia e ...
29 xuño 2026
A nosa asociada Vitae organizou o pasado xoves, 25 de xuño, no CSA da Cidade das TIC a segunda edición de "Utilidade da IA Xenerativa no Desenvolvemento de Software: Realidade ou Ficción?", un evento que contou coa intervención de diferentes expertos, como Juan Martínez, director de Desenvolvemento de Software Plexus Tech, Carlos J. Escudero, catedrático e vicerreitor de Tecnoloxías da Información e a Comunicación da UDC, e Carlos González, director de Gobernanza, Arquitectura e Procesos TI en ABANCA.
Estas son algunhas das conclusións máis relevantes extraídas dos relatorios:
Aínda hai máis dúbidas que certezas ao redor da IA, xa que ...
18 xuño 2026
O Clúster TIC Galicia celebra a súa Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria o vindeiro 30 de xuño no Auditorio Carlos V do Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela. A cita anual reunirá ás empresas asociadas nunha xornada orientada a fortalecer o coñecemento mutuo, fomentar novas alianzas e impulsar vías de participación e colaboración dentro do ecosistema tecnolóxico galego.
A entidade anima ás compañías socias a participar neste encontro, que servirá para facer balance da actividade desenvolvida e definir as principais liñas de actuación para o presente exercicio. Ademais, con carácter previo á asemblea, celebrarase unha xornada de networking ...
17 xuño 2026
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia outorgoulle o Premio Especial CPEIG-En memoria de Hernán Vila
José Manuel García Oya, socio director de Plexus Tech, recibiu o Premio Especial CPEIG-En memoria de Hernán Vila, no marco da XVIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, celebrada o pasado venres en Santiago de Compostela. Con este galardón, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) recoñece a súa traxectoria profesional, estreitamente ligada á historia de Plexus Tech, e a súa contribución decisiva ao desenvolvemento do sector TIC galego.
O CPEIG outorgou tamén este galardón a José Valiño ...
17 xuño 2026
O novo proxecto de I+D da compañía permite anticipar necesidades, favorecer a autonomía dos maiores e mellorar a toma de decisións no ámbito sociosanitario
Desde Plexus Tech presentaron os obxectivos de iCOIDAS, un proxecto de I+D liderado pola compañía que busca validar un novo modelo de coidados máis personalizado, preventivo e conectado mediante IA, dixitalización e sensórica avanzada.
Un modelo que traballarán e desarrollararán xunto a Peniche Gym (ATENDO), MAR Technologies 5.0 e Big Formación, capaz de conectar centros asistenciais, fogares, profesionais e familias para anticipar necesidades, favorecer a autonomía das persoas maiores e mellorar a toma ...
11 xuño 2026
Como patrocinadores Oro, compartiron coñecemento e experiencia, con casos reais que lideran a transformación dixital
Reforzando a súa aposta por SAP e compartindo experiencia e coñecemento, Plexus Tech estivo presente nunha nova edición do Fórum AUSAPE. Como patrocinadores Oro do evento celebrado en Santiago de Compostela, e da man de Exequam by Plexus e Brücke by Plexus, participaron no diálogo do principal encontro do ecosistema SAP en España. Ademais, tamén puideron mostrar casos reais con organizacións que están a liderar a transformación dixital dos seus sectores.
Neste sentido, desde a compañía seguen achegando valor a unha comunidade SAP que ...
29 maio 2026
Trátase do maior cume europeo sobre saúde dixital
O equipo da área sanitaria de Plexus Tech estivo presente na terceira edición do Health Revolution Congress, o maior cume europeo no sector, que se celebrou na cidade condal o 27 e 28 de maio.
A compañía tivo a oportunidade de participar e conectar con profesionais e empresas do ecosistema health care no marco deste evento. Dúas xornadas xunto a startups, hospitais, tecnolóxicas, profesionais sanitarios e expertos internacionais compartindo conversacións sobre IA, saúde dixital, datos, experiencia de paciente e todo o que está a redefinir o futuro o sector.
O Health Revolution ...