27 maio 2026
José Manuel García Oya, socio-director de Plexus Tech, vén de recibir o Premio Especial CPEIG-En memoria de Hernán Vila á súa traxectoria profesional “pola súa contribución decisiva ao desenvolvemento e consolidación do ecosistema tecnolóxico galego”, apuntan dende o Colexio.
Falar de José Manuel García Oya é falar de visión, compromiso e proximidade. Dunha persoa que foi protagonista dalgúns dos grandes avances na transformación dixital da sanidade neste país. Un profesional que, desde hai case 20 anos ...
25 maio 2026
O fundador e CEO de Plexus Tech, Antonio Agrasar, foi un dos relatores na mesa de diálogo “Innovar desde o Noroeste para competir no mundo”, no marco do II Foro do Noroeste de Prensa Ibérica. Xunto a el, nunha conversación moderada por Albert Sáez Casas de Prensa Ibérica, estiveron Jacobo Cosmen, presidente de Alsa; Andrés Fernández, CEO de ZENDAL; e Pedro Luis Fernández, presidente de GAM Solucións.
No debate , entre outros ...
11 maio 2026
Plexus Tech está entre as Top Companies España 2026, un recoñecemento que pon o foco en algo clave: a capacidade da compañía para facer crecer aos seus profesionais. Non se trata dunha clasificación por posicións, senón dunha selección das 15 mellores
compañías en España neste ámbito, avaliadas a partir de datos reais como a evolución das persoas dentro da organización, as novas aptitudes que desenvolven e as oportunidades de crecemento que generana lárgoo do tempo.
Por iso, afirman desde a compañía, "é un orgullo formar parte ...
23 abril 2026
Plexus Tech foi recoñecida como empresa responsable no marco dos Premios RSC Galicia 2026, outorgados polo Círculo de Empresarios de Galicia durante o Foro de Responsabilidade Social Corporativa celebrado este martes 21 de abril en Vigo.
Este recoñecemento pon en valor a traxectoria da compañía no desenvolvemento dun modelo empresarial baseado na responsabilidade, a sustentabilidade e o impacto positivo na súa contorna, integrando estes principios de forma transversal na súa actividade.
“Se algo temos claro en Plexus Tech é que isto non vai ...
17 abril 2026
Plexus Tech vén de anunciar o lanzamento de Plexus Sport, a súa nova división especializada en tecnoloxía para a industria do deporte, tras adquirir unha participación maioritaria en Olocip, compañía de intelixencia artificial aplicada ao deporte fundada por Esteban Granero e pertencente ao holding deportivo Best 11Group. A iniciativa ten como obxectivo impulsar a transformación do sector a través dos datos e a tecnoloxía e marca o inicio dunha nova liña estratéxica para o grupo ...
31 marzo 2026
Acompañando ao ecosistema dixital de Cataluña, Plexus Tech participou e patrocinou a 31ª edición da Nit de les Telecomunicacions i a Informàtica, un encontro de referencia para o sector TIC catalán, no que a compañía estivo moi presente.
Unha importante delegación de Plexus Tech en Cataluña asistiu ao evento celebrado no Auditori de Barcelona. Nel ...
30 marzo 2026
A compañía foi recoñecida co galardón “Future Star 2026” no xFusion Partner Summit
Plexus Tech segue gañando peso no ecosistema tecnolóxico europeo. A compañía foi galardoa co premio “Future Star 2026” no xFusion Partner Summit. Un recoñecemento que pon en valor a súa importante proxección, visión estratéxica e aposta pola innovación.
Este encontro, que recoñece as empresas do sector tech no ecosistema europeo, reuniu en Mallorca, este 25 e 26 de marzo, aos partners clave de xFusion en Europa. Unha cita que serviu para definir o futuro da infraestrutura tecnolóxica, a IA e a transformación dixital.
Este premio, recollido por ...
27 marzo 2026
O desempeño en sustentabilidade empresarial de Plexus Tech foi recoñecido de novo nos premios Atlas Galego da Empresa Comprometida. Unha vez máis, a compañía recibiu a máxima distinción posible (5 estrelas) na categoría de “Bo goberno”.
Deste xeito, este recoñecemento nos premios impulsados por Economía Dixital pon en valor a súa forma de entender a tecnoloxía: con ética, transparencia e responsabilidade.
Así mesmo, cabe destacar tamén o seu desempeño equilibrado e transversal, xa que Plexus Tech pertence ao ...
25 marzo 2026
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Xunta, Zeltia Lado, visitou as oficinas de Plexus Tech en Santiago de Compostela. Un encontro centrado nestes dous aspectos clave para o presente (e o futuro) do sector IT.
Durante a visita, puideron compartir, desde dentro, cales son hoxe os retos reais en formación e captación de perfís IT. Nunha contorna en constante evolución, a conexión entre empresa, institucións e formación non pode ser puntual. Neste sentido, dende Plexus Tech teñen ...
9 marzo 2026
Esta nova distinción por parte de Huawei pon en valor o traballo que realizan os equipos de Plexus Tech para a integración e despregamento de solucións tecnolóxicas do ecosistema Huawei. Un esforzo e unha colaboración que permiten aos seus clientes modernizar as súas infraestruturas IT, mellorar a eficiencia das súas operacións e acelerar os seus procesos de transformación dixital.
Ademais, este logro súmase a outro fito recente ...
2 marzo 2026
“A ciberseguridade na contorna sanitaria xa non é opcional: é unha obrigación ligada á protección de datos clínicos… e ao risco vital”. Con esta reflexión pechou o director de Ciberseguridade de Plexus Tech, Omar Orta, a súa participación no XXIII Foro de Seguridade e Protección de Datos de Saúde, organizado pola Sociedade Española de Informática da Saúde (SEIS), o 25 e 26 de febreiro en Bilbao.
A súa intervención enmarcouse na sesión "Soluciones para a ...
14 xaneiro 2026
Plexus Tech pechou con éxito o seu proxecto de innovación SORGIA, alcanzando o máximo nivel de madurez tecnolóxica, o TRL8, previa ao despregamento comercial, segundo a Comisión Europea. SORGIA é unha plataforma modular de optimización intelixente, que combina Deep Reinforcement Learning, optimización matemática, visión artificial, datos sintéticos, xemelgos dixitais e sistemas multiagente para automatizar a toma de decisións complexas. Permite automatizar a toma de decisións complexas, reducir custos e mellorar a eficiencia operativa en diferentes sectores.
Un dos fitos ...