23 June 2026
Xunta e representantes do sector rubrican a actualización deste acordo con horizonte ata 2030
O Clúster TIC Galicia participou hoxe na firma do novo Pacto Dixital entre a Xunta e representantes do sector tecnolóxico, nun acto celebrado no centro GaiásTech de Santiago de Compostela.
Este acordo supón a actualización do Pacto Dixital subscribido en 2013 e establece un novo marco de colaboración con horizonte ata 2030, orientado a reforzar a colaboración público-privada para avanzar cara a un modelo de desenvolvemento tecnolóxico sostible, inclusivo e centrado nas persoas, impulsar unha economía dixital e consolidar Galicia como un territorio innovador e competitivo ...