23 xuño 2026
Xunta e representantes do sector rubrican este acordo para reforzar Galicia como polo de innovación
O Clúster TIC Galicia participou hoxe na firma do novo Pacto Dixital entre a Xunta e representantes do sector tecnolóxico, nun acto celebrado no centro GaiásTech de Santiago de Compostela, que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e o director da Amtega, Damián Rey.
Este acordo supón a actualización do Pacto Dixital subscrito en 2013 e establece un novo marco de colaboración con horizonte ata 2030, orientado a reforzar a colaboración público-privada para ...