5 setembro 2025
O pasado mes de maio, o Clúster TIC Galicia puxo en marcha un proxecto piloto de FP Dual Multiempresa no IES Fernando Wirtz da Coruña, en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Unha iniciativa experimental, de dous anos de duración, que busca ofrecer formación técnica específica ao alumnado a través de diferentes master class na Cidade das TIC, o primeiro curso, e da súa incorporación a empresas tecnolóxicas e doutros sectores, o segundo curso, co obxectivo de achegarse a unha contorna profesional real.
Tras dous meses e medio de intensa capacitación práctica no ...
7 agosto 2025
Suma 148 organizacións, que facturan máis de 1,2 millóns de euros e empregan ao redor de 17.500 profesionais na comunidade galega
O Plan Director da Industria das TIC é o proxecto estratéxico deste ano, que está a elaborar en colaboración coa Consellería de Economía e Industria
Outras accións clave pasan por seguir captando talento, incidir na capacitación, reforzar o papel no exterior e potenciar a participación en concursos
O Clúster TIC Galicia vén de confirmar un incremento do 40% no seu volume de socios nos últimos tres anos, dato que reflicte unha evolución positiva e sostida dende o ...
4 agosto 2025
O Clúster TIC Galicia está a recoller as necesidades formativas das súas empresas socias a través deste formulario de cara ao deseño dun novo Plan Formativo, que se desenvolverá dende outubro de 2025 e xuño de 2026. Estas accións enmárcanse no convenio que a entidade asinará coa Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, con lixeiras modificacións respecto a convocatorias anteriores.
Entre as principais diferenzas están que os cursos só se impartirán na modalidade de aula virtual en directo e que cada formación constará dun mínimo de 10 horas e dun máximo de 80. Ademais, só ...
29 xullo 2025
O presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, asistiu á firma do proxecto europeo ALLOCATE, presentado hoxe no Concello da Coruña, e cuxo obxectivo é desenvolver solucións baseadas en intelixencia artificial (IA) para mellorar os servizos da cidade en ámbitos como a reciclaxe ou a mobilidade, en liña co Pacto Verde Europeo e a Estratexia Española de Intelixencia Artificial.
Na iniciativa, liderada pola administración local, colaboran outros socios estratéxicos como a Universidade da Coruña, Altia e Khora Urban Thinkers, e conta cun orzamento de 5,5 millóns de euros, dos que o 80% proceden de fondos FEDER. ...
8 xullo 2025
O presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, participou hoxe no foro Galicia Conecta sobre tecnoloxías cuánticas, que organizou Telefónica na Cidade da Cultura de Galicia, e que reuniu a diferentes empresas e expertos na materia, como Lois Orosa, director do CESGA. No encontro abordouse o novo escenario que abren, tanto para o ámbito público como para a industria, as tecnoloxías cuánticas e a súa combinación con outras innovacións disruptivas como a intelixencia artificial.
O máximo responsable do Clúster TIC Galicia interviu na mesa redonda "Tecnoloxías cuánticas, unha nova forma de procesar e transformar a sociedade", moderada ...
4 xuño 2025
A Consellería de Economía e Industria e o Clúster TIC Galicia celebran hoxe, 4 de xuño, na Cidade das TIC un encontro entre empresas do sector tecnolóxico arredor do Plan Director da Industria das TIC. A xornada de traballo está aberta a todas as compañías que queiran realizar as súas achegas ao documento.
O obxectivo é coñecer as súas opinións e inquedanzas respecto deste documento, que está ...
23 maio 2025
O Clúster TIC Galicia, en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, está a executar na Cidade das TIC un programa piloto de FP Dual multiempresa co obxectivo de favorecer a incorporación fluída do alumnado nas empresas do sector tecnolóxico.
Ata o 31 de xullo, os 16 estudantes do ciclo de Desenvolvemento de ...
19 maio 2025
O Clúster TIC Galicia celebrará a súa Asemblea Xeral Ordinaria o mércores 4 de xuño, a partir das 15:00 h, no Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC da Coruña, cun eixo central: o Plan Director da Industria das TIC de Galicia, no que está a traballar en colaboración coa Consellería de Economía e Industria.
Este documento será o marco de referencia das futuras liñas de desenvolvemento tecnolóxico en Galicia, que marcarán a nova estratexia de financiamento para o crecemento ...
19 maio 2025
Dende o Clúster TIC Galicia vimos de concluír o ciclo de relatorios que organizamos desde abril en trece centros educativos galegos, no marco do programa "Que non te líen, ti elixes", co obxectivo de derrubar estereotipos de xénero entre o alumnado de 3º e 4º da ESO á hora de escoller a súa vocación profesional, poñendo o foco naqueles ciclos con menor presenza feminina.
A través desta iniciativa, promovida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e ...
8 maio 2025
O Clúster TIC Galicia consolida o seu liderado como impulsor da transformación dixital na comunidade tras formar a 5.951 persoas en tecnoloxías emerxentes a través de 229 cursos, no marco da sexta edición do seu programa formativo, desenvolvido entre setembro de 2024 e marzo de 2025.
Este plan, posto en marcha en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, contou cun orzamento de 2.083 ...
29 abril 2025
José Manuel García Oya, socio director de Plexus Tech, e Fernando Vázquez, CEO de Imatia, valoran de forma positiva o Plan Director da Industria das TIC, que estamos a redactar desde o Clúster TIC Galicia, en colaboración coa Consellería de Economía e Industria da Xunta, e coa participación dos diferentes axentes que integran o ecosistema tecnolóxico galego.
Ambos directivos coinciden en que este documento terá a capacidade de proporcionar unha guía clara, impulsar a transformación do sector e fortalecer a súa competitividade, tanto dentro como fóra de Galicia, potenciando a súa capacidade de proxección internacional.
Para José Manuel García Oya ...
23 abril 2025
O Clúster TIC Galicia colabora, unha edición máis, no programa “Que non te líen, ti elixes”, promovido pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta para fomentar vocacións STEM entre o alumnado de 3º e 4º da ESO dos centros educativos galegos.
A través desta iniciativa, trece mulleres referentes de empresas socias da entidade están a ofrecer charlas didácticas para convidar á reflexión e xerar debates relacionados coa fenda de xénero no ámbito das TIC. O obxectivo é favorecer unha orientación vocacional libre de estereotipos na elección de estudos superiores, poñendo ...
16 abril 2025
Cardi@ngel, CertyChain e Senior Lingua ábrense paso no mercado despois de participar nos programas do Clúster TIC Galicia Tech Angels Network e na incubadora NodeHub. Cardi@ngel estableceu unha alianza estratéxica con Quobis tras inscribirse en Tech Angels Network, unha proposta da entidade para acelerar e optimizar ideas de negocio mediante a incorporación ...
10 abril 2025
Os vogais do Comité de Dirección do Clúster TIC Galicia Alfredo Ramos, director de R e MASORANGE en Galicia, Mónica Seoane, socia e directora de negocio de DataSpartan, e Jesús Lage, CEO de Bimbio, comparten unha visión optimista e ambiciosa do Plan Director da Industria das TIC. Consideran que é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento do sector tecnolóxico galego, que contribuirá a situalo como motor de crecemento económico, innovación e transformación dixital.
Coidan que mellorará o posicionamento de Galicia no ámbito TIC global, ademais de potenciar a colaboración público-privada, fomentar a creación de emprego cualificado e xerar novas oportunidades ...
26 marzo 2025
Unha delegación de nove empresas do Clúster TIC Galicia participa na misión comercial a Florida, organizada polo ICEX España Exportación e Investimentos, Red.es e a Cámara de Comercio da Coruña, co obxectivo de explorar oportunidades de negocio no continente americano.
Quobis, Councilbox, APDTIC, Bimbio, Dos Espacios, Librebit, Hacce, Beditas e Coinscrap Finance desembarcaron en Miami para ...
18 marzo 2025
Máis dunha decena de organismos de transformación dixital e financeiros procedentes de Latinoamérica e Estados Unidos visitaron Galicia do 10 ao 14 de marzo, no marco da misión comercial inversa organizada polo Clúster TIC Galicia, en colaboración co Igape, para posicionar á comunidade como referente no ecosistema tecnolóxico internacional.
Durante a súa estancia, as potenciais investidoras percorreron A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para coñecer de primeira man proxectos de innovación e avances en I+D tecnolóxico, tanto a nivel privado como na administración pública, co obxectivo de identificar puntos de aprendizaxe e boas prácticas que se poidan extrapolar ...
17 marzo 2025
Os representantes de Grandes Empresas do Comité de Dirección do Clúster TIC Galicia Alberto Borrego Díez, director de NTT DATA Galicia - Asturias, Jose Ángel Veiga, director de SATEC, e Alfredo Castro, CEO de Sg Tech, valoran o Plan Director da Industria das TIC, que está a elaborar a entidade, en colaboración coa Consellería de Economía e Industria da Xunta.
Os tres líderes, vinculados a empresas internacionais con sede ...
11 marzo 2025
O Clúster TIC Galicia organiza, dende o 11 ata o 13 de marzo, unha misión comercial inversa na que participan doce empresas de carácter innovador, organismos de transformación dixital e entidades financeiras procedentes de Latinoamérica e Estados Unidos.
A xornada de traballo comeza hoxe cunha visita a Abanca e a inauguración oficial no Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade ...
6 marzo 2025
Organiza unha misión comercial con empresas socias para captar perfístecnolóxicos e manter reunións con axentes estratéxicos do sector
Viaxa xunto a unha delegación integrada por Dimensiona, Macrotest, Imatia, GBTEC, Catemo e Campus Dual TIC
O Clúster TIC Galicia participa, xunto a unha delegación de empresas socias, nas feiras de emprego de Bos Aires (Arxentina) e Montevideo (Uruguai), organizadas pola Xunta de Galicia entre o 6 e o 10 marzo, no marco do Programa Retorna Cualifica Emprego 2025. O obxectivo é atraer talento tecnolóxico interesado en integrarse no mercado laboral de Galicia, co foco posto nos galegos residentes no exterior que desexen regresar á súa terra. Esta acción conta cunha axuda do Igape (Galicia Exporta Organismos Intermedios 2025 ...
25 febreiro 2025
O Clúster TIC Galicia vén de adxudicar a Zabala Innovation a contratación dun servizo de consultoría para a elaboración do Plan Director da Industria das TIC. A consultora internacional, referente na estratexia de innovación e financiamento da I+D+i, terá que apoiar á entidade na recollida de información, redacción e aprobación desta folla de roteiro estratéxica para o sector tecnolóxico galego.
Ademais, terá que realizar as seguintes tarefas:
Elaborar o plan director da industria das TIC, acompañar ao Clúster TIC Galicia nos trámites e incorporar as modificacións que poidar xurdir ata a súa aprobación no Consello da Xunta.Investigar ...17 xuño 2025
Kaipoc Consulting vén de recibir o premio "Partner revelación" na III edición dos Iberia Partner Awards, convocados por Sage, líder en tecnoloxía de contabilidade, finanzas, RRHH e nóminas para pemes e despachos profesionais.
Tras a revisión e avaliación de máis de 50 proxectos, Sage revelou os nomes dos gañadores nunha gala celebrada en Madrid, na que se deron cita os socios de negocio máis destacados do ecosistema de partners da compañía. Un deles foi Kaipoc Consulting, empresa especializada na implantación de sistemas de xestión empresarial Sage, que con este recoñecemento completa un ano de éxito no ecosistema de Sage grazas ...
10 xuño 2025
Avansig foi beneficiaria da axuda outorgada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) dentro do programa IA360, enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) e financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Esta iniciativa ten como principal obxectivo incentivar o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante a aplicación ...
9 xuño 2025
Plexus Tech, referente en innovación, vén de patrocinar e participar, un ano máis, en dúas das grandes citas tecnolóxicas do ano en España: o XX Fórum Ausape, celebrado o 28 e 29 de maio no Palacio de Congresos Adolfo Suárez de Marbella, e no Liferay Customer Summit 2025, que tivo lugar o 5 de xuño no Círculo de Belas Artes de Madrid.
No XX Fórum Ausape, o evento máis destacado do ecosistema SAP en España, Plexus Tech mostrou as súas últimas innovacións, aceleradores e casos ...
30 maio 2025
Da man de Plexus Tech e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), nace a Cátedra de Intelixencia Artificial en Medicina Personalizada de Precisión (CAME&IA). Esta iniciativa, única en España, optimizará a toma de decisións clínicas aplicando a IA á medicina personalizada.
A posta de longo da Cátedra tivo lugar no Paraninfo da USC, nun acto no que se destacou o obxectivo deste proxecto de xerar, no próximos catro anos, novo coñecemento a través ...
8 maio 2025
A compañía vilagarciá Dos Espacios, especializada no sector TurisTech, xestionará a aceleradora de proxectos turísticos innovadores do Concello de Lugo, tras resultar adxudicataria do procedemento de licitación convocado polo goberno local. O CEO da empresa, Santiago Paz, participou na reunión de lanzamento do programa.
Dos Espacios foi a empresa seleccionada entre as seis propostas presentadas, cuxas ofertas técnicas foron avaliadas por un comité de expertos mixto, integrado por técnicos de diferentes departamentos municipais e da Universidade de Santiago de Compostela.
O programa de aceleración, denominado Turistalent 5.0, está impulsado pola Concellería de Dinamización Económica do Concello de Lugo e ...
30 abril 2025
Nun momento clave para o sistema portuario español, Puertos del Estado adxudicou a Emetel a xestión do seu ecosistema tecnolóxico, nun contrato que ten como obxectivo seguir mellorando a gobernanza dixital do ente. O servizo afecta a infraestruturas críticas e servizos estratéxicos do organismo, nun contexto onde a automatización, a ciberseguridade e a eficiencia operativa son prioridades compartidas polos principais portos do mundo.
A adxudicación, concibida como un Servizo Evolutivo de Dixitalización, supón a xestión integral, operación e supervisión 24x7 dos sistemas que sosteñen os servizos dixitais esenciais do organismo: desde as escalas de buques ou os cálculos oceanográficos, ata ...
23 abril 2025
Avansig, empresa especializada en enxeñería de software e orientada ao desenvolvemento de novas ferramentas e solucións no campo dos Sistemas de Información Xeográfica (SIG), foi seleccionada como beneficiaria do programa de Implantación de Plans de Innovación en Procesos e Organización (InnovaPeme 2024) financiado pola Axencia Galega de Innovación ...
4 abril 2025
A empresa tecnolóxica galega Sixtema finalizou con éxito o proxecto RESTAUR.AR, unha ambiciosa iniciativa de I+D orientada a desenvolver novas ferramentas dixitais para a conservación, restauración e divulgación do patrimonio cultural. O proxecto foi subvencionado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) e contou co apoio do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
RESTAUR.AR permitiu desenvolver unha solución integral que xera réplicas dixitais en 3D de obxectos patrimoniais e ...
31 marzo 2025
O Centro de Convencións Internacional de Barcelona (CCIB) converteuse no epicentro da innovación dixital na Administración Pública os días 12 e 13 de marzo, celebrando a 5a edición do Congrés Govern Dixital 2025 (Congreso de Goberno Dixital 2025) ou CGD2025 polas súas siglas. Durante este congreso de carácter cuatrienal, reuníronse expertos para discutir sobre o futuro da transformación dixital do sector público baixo o lema ‘A revolución dos gobernos intelixentes: inclusividad, proactividad e sustentabilidade’. A asistencia a ...
27 marzo 2025
Innatial Developers, empresa galega especializada en desenvolvemento de aplicacións, desenvolveu unha innovadora aplicación baseada en intelixencia artificial para a detección temperá da deterioración cognitiva, en colaboración con Samsung Iberia, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo (atlanTTic), o Grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e a ...
17 marzo 2025
O pasado xoves, 23 de marzo, Vitae organizou un evento no Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC denominado "A utilidade da IA nos equipos de desenvolvemento de software: realidade, ficción ou unha promesa esaxerada?", á que asistiron máis de 60 persoas.
Na sesión interviñeron Carlos Escudeiro, catedrático no Departamento de Enxeñería de Computadores da Universidade da Coruña (UDC), Juan Martínez Neira, director da área de Desenvolvemento de Plexus Tech, e a Carlos González Jardón, director de IT Governance & Architecture de ABANCA. Das súas intervencións conclúese que a intelixencia artificial no desenvolvemento de software é útil e ...
5 marzo 2025
Cinfo vén de ser recoñecida como unha das oito empresas gañadoras do EIT Digital Champions 2025, a competición dixital deeptech scaleup máis competitiva de Europa, organizada por EIT Digital, unha das comunidades de coñecemento e innovación impulsada polo Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT). Este galardón sitúa a Cinfo como unha das empresas europeas máis innovadoras, que impulsa a transformación dixital para redefinir as industrias e afronta desafíos globais a través da tecnoloxía e o emprendemento.
Máis de 350 compañías presentaron a súa candidatura a este premio. Entre elas, seleccionáronse 50 finalistas para presentar as súas solucións a ...
28 febreiro 2025
Sg Tech vén de nomear a Aiman Cheikhi como o seu novo Chief Business Officer (CBO), fortalecendo así a súa dirección estratéxica e o seu compromiso coa innovación e o crecemento global.
Cunha destacada traxectoria profesional na industria tecnolóxica, Aiman desempeñou roles crave en Alemaña, Francia e España, consolidando a súa experiencia como Director Rexional para Europa e o Norte de África, Director de Operacións e Director de Desenvolvemento de Negocios Internacionais. O seu liderado foi determinante na expansión de operacións e na creación de valor sostible nos mercados nos que traballou.
“A incorporación de Aiman é un fito para ...
27 febreiro 2025
DataSpartan, Egatel, Imatia, Indra, NTT Data, Sixtema e SREC Solutions participarán no Foro Tecnolóxico de Emprego, que terá lugar o 11 e 12 de marzo no campus de Vigo. O evento, organizado por alumnado das tres escolas de enxeñería da universidade (Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial, Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicación e Escola Técnica Superior de Minas e Enxeñería), celebra este ano o seu 25 aniversario con récord de participación: 51 empresas en total.
Ademais de ser unha oportunidade idónea para conectar estudantes con empresas do sector TIC, a cita albergará diferentes workshops e actividades ...
25 febreiro 2025
Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, vén de seleccionar por segundo ano consecutivo ás nosas asociadas Cinfo, Galvintec, Igalia e Situm, entre as 50 pemes tecnolóxicas que estarán no Pavillón de España no Mobile World Congress (MWC) Barcelona 2025, o evento global máis importante e influente dedicado ao sector dixital e á conectividade, que terá lugar do 3 ao 5 de marzo na cidade condal.O Pavillón de España é o punto de encontro para coñecer o gran potencial do noso país no ámbito tecnolóxico a través dunha selección de compañías ...
23 xaneiro 2025
A startup galega Beditas estreouse en FITUR, a cita por excelencia do sector turístico en España, que reúne nesta 45º edición a 9.500 empresas, de 156 países diferentes ...
14 xaneiro 2025
A partir de xaneiro de 2026, as empresas estarán obrigadas a utilizar un software de facturación homologado ao sistema Veri*Factu da Axencia Tributaria. Para facilitar esta adaptación, Caisoft vén de lanzar API Portal SIF, unha solución deseñada para unha integración sen complicacións de calquera software, xa sexa un ERP, TPV, PMS ou outro sistema de xestión.
O software seguirá funcionando coma sempre, pero adaptado á Lei Antifraude e preparado para futuras normativas. O obxectivo desta solución é xestionar os rexistros de facturación sen alterar o fluxo de traballo das empresas, cun control total sobre a emisión, recepción e estado ...
13 xaneiro 2025
Sg Tech, líder internacional en solucións de transformación dixital, anuncia a apertura da súa nova oficina en Marrocos, marcando un paso significativo na súa expansión global e reafirmando o seu compromiso co desenvolvemento tecnolóxico no norte de África.
A nova sede, situada no corazón de Tánxer, representa un punto estratéxico para Sg Tech, permitindo á empresa fortalecer a súa relación con clientes locais e internacionais mediante solucións tecnolóxicas adaptadas á rexión. Marrocos, coa súa posición como centro económico e tecnolóxico en África, ofrece unha contorna ideal para que Sg Tech amplíe o seu impacto en sectores como o transporte, a ...
2 decembro 2024
Esta iniciativa busca facilitar o acceso a ferramentas tecnolóxicas que melloren a calidade de vida dos mozos beneficiarios, permitíndolles continuar cos seus estudos, manterse conectados cos seus seres queridos e gozar de actividades que promovan o seu benestar emocional.
O equipo de Sg Tech reafirma con esta acción o seu compromiso coa comunidade, apoiando causas que contribúen ao desenvolvemento e a inclusión tecnolóxica.
Alfredo Castro, CEO de Sg Tech, destacou: "En Sg Tech, cremos firmemente no poder da tecnoloxía para transformar vidas. Sentimos orgullosos de poder colaborar cunha organización tan admirable como a Fundación Aladina, que realiza un traballo invaluable ...
20 setembro 2024
A compañía Dos Espacios posiciónase como o primeiro provedor que implanta unha solución de Destino Turístico Intelixente (DTI) no Camiño de Santiago. Trátase dun innovador proxecto de dixitalización do Camiño Francés que permitirá extraer datos de fluxos de visitantes en tempo real.
O proxecto, denominado “Camiño 360º” aplicarase na área de influencia da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés (Arzúa, Melide, Monterroso, Palas de Rei ...
16 marzo 2026
O Igape vén de lanzar unha nova liña de préstamos directos do programa IG408B para o financiamento empresarial en Galicia, cunha dotación orzamentaria de 62,5 millóns de euros, cuxo obxectivo é facilitar o acceso ao crédito e impulsar o desenvolvemento e a competitividade do tecido empresarial galego.
Quen pode solicitar estes préstamos?
Poden ser beneficiarias desta convocatoria as empresas que desenvolvan unha actividade e conten cun centro de traballo en Galicia, así como outras entidades ou agrupacións que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
O financiamento pode destinarse a diferentes actuacións vinculadas ao desenvolvemento empresarial galego, como ...
19 maio 2025
O Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027, presentado pola Xunta o pasado mes de abril, postúlase como un ambicioso marco estratéxico para consolidar Galicia como un polo de referencia en investigación e innovación a nivel europeo e global, favorecendo a creación de novas tecnoloxías e a súa transferencia efectiva ao mercado.
Cun investimento de 1.310 millóns de euros, un 20% máis que o plan anterior, esta nova proposta, elaborada mediante un amplo proceso participativo, inclúe 165 actuacións articuladas a través de cinco programas verticais (Talento, Coñecemento, Innovación e emprendemento, Colaboración Estratéxica, Posicionamento), catro eixos estratéxicos transversais, denominados iniciativas ...
22 novembro 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o pasado xoves en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago ...
22 outubro 2021
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha unha nova edición do Programa Tecnólog@ por un día, que volve a ofrecer a estudantes de 12 a 17 anos a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia. A iniciativa desenvólvese no marco do Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia DigiTalent.
Nesta edición, retómase a presencialidade do programa e ofreceranse 66 prazas, grazas a colaboración de 6 empresas tecnolóxicas que, xunto coa Amtega, posibilitarán a experiencia de acoller a “Tecnólog@s por un día”: Altia ...
23 xuño 2021
A oportunidade que ten Galicia de especializarse en intelixencia artificial foi un dos argumentos da xornada coa que hoxe comezou a súa actividade o centro GaiásTech da Xunta, que ocupa unha superficie de 500 metros cadrados na Cidade da Cultura.
A xornada de traballo estivo precedida das intervencións da directora da Amtega, Mar Pereira, e da directora da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Así mesmo, o director da Área de Sociedade Dixital da Amtega, Miguel Rodríguez, ofreceu unha visión global do proceso de transformación dixital de Galicia que se reflicte na plataforma DixiTerrae.
A xornada técnica inaugural, baixo ...
22 xuño 2021
Un equipo de investigación interdisciplinar con participación do IGFAEcreou un prototipo para a detección de gas radon, un sistema modularpara monitorar e controlar a concentración de radon en contornaspechadas, de forma automática e a distancia
O gas radon é a maior fonte de exposición a radiación natural enhumanos e causa entre o 3 e o 14% dos casos de cancro de pulmón
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC colaborou no deseño e desenvolvemento dun prototipo para a detección de gas radon en edificacio ...
22 xuño 2018
A Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster TIC de Galicia incluirá na edición do 28 de xuño de 2018 unha serie de mesas de traballo nas que os asociados poderán debatir sobre algúns dos temas máis relevantes no eido das novas tecnoloxías da comunicación. Estas mesas serán espazos físicos nos que, dende as 13:20 ata as 14:45 os asistentes exporán o estado e posibilidades de participación e influencia do Clúster TIC. Os asociados están convidados a formar parte deste evento previo á asemblea. Tamén se ofrecerá un xantar de networking ...
8 novembro 2016
Un ano máis, co obxectivo de estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, convócase unha nova edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Esta iniciativa pon de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre, ás que se lles une nesta edición a categoría de ...
27 outubro 2015
O Comité Avaliador Experto dos Premios Clúster TIC Galicia vén de dar a coñecer aos finalistas das 5 categorías. Unha selección complicada dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.Os finalistas son:Categoría Innovación:o AVANSIG (A Coruña)o EGATEL (San Cibrao das Viñas)o SINERGIA G6 (O Porriño) Categoría Internacionalización:o IGALIA (A Coruña)o Quobis (O Porriño)o Optare Solutions (Vigo) Categoría Liderado TIC:o ALTIA CONSULTORES (A Coruña)o CPEIG (Santiago de Compostela)o HEWLETT PACKARD SERVICIOS (Santiago de Compostela) Categoría Startup:o APPENTRA SOLUTIONS (A ...
19 abril 2012
Baixo o paraugas do grupo de traballo de Innovación e Demanda Temperá, poñeranse en marcha seis proxectos para a procura de mercados e oportunidades de negocio en nichos estratéxicos. Segundo a proposta presentada polo grupo de traballo e aprobada polo Comité Estratéxico do Cluster na súa reunión do pasado 12 de abril, as comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas.Cada subgrupo funcionará de maneira autónoma, cun responsable que reportará ao coordinador do grupo de traballo, que neste caso está liderado ...
9 marzo 2012
O grupo de traballo Innovación e Demanda Temperá traballará na posta en marcha de sete comisións para impulsar cada un dos proxectos seleccionados de ente a axenda estratéxica de I+D+i proposta por Vindeira e aprobada polo Comité de Dirección e o Comité Estratéxico do Cluster.As comisións ou subgrupos de traballo crearanse arredor de empresas interesadas en dedicar recursos a impulsar un proxecto de demanda temperá en cada unha das áreas seleccionadas. Unha vez acadada unha masa crítica mínima de empresas interesadas en cada proxecto, o subgrupo porase en marcha e funcionará de maneira autónoma. Haberá un coordinador ...
2 marzo 2012
O próximo luns, 5 de marzo, reunirase o grupo de traballo de Globalizción e Internacionalización para pulir os últimos detalles do Plan de Internacionalización do sector TIC galego. A elaboración dunha estratexia para dar un forte pulo á saída aos mercados exteriores das empresas do eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións é un compromiso adquirido polo Cluster ante a Consellería de Economía e Industria, e conta co apoio expreso da administración galega. Este plan, que está xa moi avanzado na súa elaboración, marcará obxectivos ambiciosos que deberán ser acadados nos próximos tres anos, e fixará como mercados preferentes ...
1 abril 2011
O grupo de Traballo de Formación rematou a elaboración da enquisa de necesidades formativas, tendo aprobado as conclusións do traballo na súa reunión correspondente ao mes de marzo. Ao cuestionario, que foi enviado a todas as empresas e entidades membros do Cluster, responderon o 24,27% dos consultados. Como principal conclusión, pódese sinalar que as necesidades de formación máis demandadas son as relacionadas coa Xestión de proxectos e coa Programación. O primeiro contido é sinalado polo 80% dos consultados, mentres que o segundo é solicitado polo 76%.Tras Xestión de Proxectos e Formación, os seguintes contidos con maior demanda son ...