15 outubro 2026
O proxecto europeo ALLOCATE, liderado polo Concello da Coruña e no que participamos como socios, vén de abrir o prazo de preinscrición no curso "IA Verde e Ética para a Innovación Urbana".
A formación, deseñada conxuntamente polos socios de ALLOCATE, contará con persoal experto do ámbito académico, empresarial e institucional do propio Concello da Coruña, da nosa entidade, da Universidade da Coruña, da AESIA, de Altia e de Khora Urban Thinkers, que abordarán os principais retos tecnolóxicos, ambientais e regulatorios da intelixencia artificial.
A través de sesións prácticas, estudos de casos reais e actividades colaborativas, as persoas participantes adquirirán coñecementos ...
29 xullo 2025
O presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, asistiu á firma do proxecto europeo ALLOCATE, presentado hoxe no Concello da Coruña, e cuxo obxectivo é desenvolver solucións baseadas en intelixencia artificial (IA) para mellorar os servizos da cidade en ámbitos como a reciclaxe ou a mobilidade, en liña co Pacto Verde Europeo e a Estratexia Española de Intelixencia Artificial.
Na iniciativa, liderada pola administración local, colaboran outros socios estratéxicos como a Universidade da Coruña, Altia e Khora Urban Thinkers, e conta cun orzamento de 5,5 millóns de euros, dos que o 80% proceden de fondos FEDER. ...