Among the activities organized by the Clúster TIC are working groups. These groups are established at the request of our members and focus on topics chosen by them. Below are the currently active working groups, each operating under its own set of guidelines established by its founders. If you would like to join any of these groups or propose the creation of a new one, please contact the Cluster TIC management team.
Coordinador: Dos Espacios
Este grupo de traballo nace a raíz do recente convenio de colaboración asinado entre o Clúster TIC Galicia e o Clúster Empresarial de Turismo de Galicia. Tal como se recolle na Estratexia de Turismo de Galicia 2020, a actividade do sector TIC ten un claro impacto no sector do turismo, xerando efectos positivos para o sector turístico en xeral, para a súa competitividade e especificamente no relativo tanto á comercialización turística, como no xeito en que os visitantes experimentan a súa visita a Galicia. É por isto que somos un axente fundamental para o sector, de aí que debamos traballar da man co sector turístico co fin de deseñar actuacións que permitan a posta en valor do noso territorio, aproveitar a potencia do sector TIC para a actividade turística.